Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

Los Secretos visitará o venres Monforte de Lemos

Por 13 Xullo, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

O grupo Los Secretos visitará, o vindeiro venres 15 de xullo, a explanada da Compañía do Concello de Monforte de Lemos. A banda, liderada por Enrique Urquijo, fará un percorrido polos temas máis emblemáticos do grupo, como son Déjame, Pero a tu Lado ou La Calle del Olvido así como cancións máis recentes.

A banda madrileña, que está de xira cun formato en acústico, deleitará aos asitentes a partir das 22.30 horas e e de entrada gratuíta.

Esta cita musical enmárcase dentro do ciclo Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia e o resto dos concertos poden consultarse na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.