Skip to main content
Axenda CaducadaCervoDeportes AMARIÑAXA

Cervo acolle o sábado 30 o III Torneo de tenis de mesa

Por 23 Xullo, 2022Xullo 30th, 2022Sin comentarios

Cervo acolle o vindeiro sábado 30 de xullo o III Torneo de tenis de mesa organizado polo lub de Tenis de Mesa de San Ciprián, o Concello e a Deputación.

Un campionato que na anterior edición tivo moi boa acollida e que o Club de Tenis de Mesa de San Ciprián agarda que se manteña nos mesmos niveis.

A inscrición está aberta ata o día 26 e pode realizarse na Casa da Cultura, por teléfono no 636 531 501 ou 650 056 872 ou non correo electrónico cdsciprian@gmail.com.

Noutras edicións a competición distribuíase segundo catro categorías: alevín (de 8 a 10 anos), infantil (de 11 a 12 anos), cadete (de 13 a 15 anos) e absoluta (de 16 anos en diante). En canto aos trofeos, entregaranse aos primeiros, segundos e terceiros clasificados en cada categoría.