Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

Os veciños de Marzán, en Foz, celebrarán a súa festa o 13 de agosto

Por 19 Xullo, 2022Agosto 13th, 2022Sin comentarios

A asociación de veciños os Torques de Marzán, do Concello de Foz, celebrarán a súa tradicional festa o 13 de agosto na explanada do pavillón de deportes

A xornada festiva comezará ás 20.00 horas cunha cea a base de churrasco, empanada, chourizo, pan, viño e refrescos. Que darán paso á gran queimada das 00.00 horas, se os astros on propicios contarán coa presencia do Druida do Cu do Castro.

Así mesmo toda a cita festiva estará amenizada polo dúo Epo-k e unha disco móbil