Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

A película Valentina proxectarase mañá en Barreiros

Por 24 Xullo, 2022Xullo 25th, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros organiza a proxección da película Valentina o próximo luns 25 de xullo. O filme proxectarase na praza do Concello ás 20.30 horas.

A película Valentina logrou o premio Goya 2022 a mellor película de animación, ademais de estar dirixida pola directora galega Chelo Loureiro. O filme está protagonizado por unha nena con síndrome de down, visibilizando a vida destas persoas e facendo fincapé na importancia da inclusión. 

O Concello de Barreiros continúa deste modo no seu obxectivo de divulgar e sensibilizar sobre a diversidade funcional a través da cultura. A través do entretemento, búscase que transmitir á rapazada valores como a igualdade e o respecto