Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

AECC e o Concello de Foz organizan unha nova Andaina Contra o Cancro

Por 25 Xullo, 2022Xullo 31st, 2022Sin comentarios

A Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Foz organizan para o domingo 31 de xullo unha nova Andaina Contra o Cancro. A saída deste andaina será ás 10.00 horas dende a praza do Concello focego.

Para participar será necesario anotarse antes do día 29 de xullo chamando a AECC ao teléfono 628 437 014 ou aos Sendeiros ao 670 369 017.

A Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro súmase así á causa e aos obxectivos da AECC en favor de enfermos de cancro e familiares. Un grupo mais do tecido asociativo de Foz da un paso importante para concienciar e sumar apoio e ilusión a todos eses veciños e amigos en xeral para que ningún enfermo de cancro se sinta só.