Skip to main content
Axenda Caducada

Rábade remata o mes celebrando o VI Maratón de Fútsal

Por 26 Xullo, 2022Xullo 31st, 2022Sin comentarios

Un ano máis, e xa son 6, o Insuas do Miño Rábade FS organizará o Maratón de fútbol sala de Rábade xunto co Cnocello de Rábade, os días 29, 30 e 31 de xullo, ao que están invitados a participar todos os equipos que o desexen.

De feito, a organización ten aínda aberto o prazo de inscrición para esta edición. Os interesados en anotarse deberán aboar 15o euros antes do sorteo.

O maratón establece tres premios económicos para os primeiros clasificados que irán en función do número de inscritos. Tamén se dará un premio ao mellor equipo do concello. O sorteo dos enfrontamentos realizarase o día 28 de xullo.

Para informarse ou incribirse poden poñerse en contacto con Sergio (654 481 013) ou Antón (626 194 335).

O obxectivo é celebrar o venres pola tarde tamén o tradicional torneo de tute.