Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

Do 1 ao 4 de agosto volven as XXV Xornadas de Historia Local de Foz

Por 28 Xullo, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle  de 1 a 4 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco.

Este colectivo focego organiza estas xornadas desde fai 25 anos e sempre contan cun tema central que abrangue todos os actos, nesta ocasión será o mar e todos serán na casa da cultura de Foz ás 20.30 horas.

A programación das xornadas deste ano comezará o luns 1 de agosto con Xoán Ramón Fernández Pacios e a súa disertación sobre Os portos de Foz.

O martes 1 de agosto Eliseo Fernández e Dionisio Pereira falará sobre A primeira guerrilla antifranquista na Mariña, xa o mércores 3 será a quenda da Masonería na Mariña a cargo de Martín Fernández Vizoso, e xa por último o xoves 4 Francisco Rodríguez Sanchez fañlará sobre O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña.