Skip to main content
Axenda LUGOXAO Corgo

Aberto o prazo de inscrición para o I Campus de fútbol do CD Corgo

Por 27 Xullo, 2022Xullo 28th, 2022Sin comentarios

Aberto xa o prazo de inscición ata o día 9 de agosto para o primeiro campus de fútbol do CD Corgo que terá lugar entre os días 22 e 26 de agosto.

O campus pensado para nenos e nenas dende os 3 ata os 15 anos (nacemento 2018 ata 2007) terá un horario de 9:30 a 14:00 e será catro días no campo de fútbol municipal e un día nas piscinas municipais do Corgo.

O prezo para os xogadores preinscritos do CD Corgo será de 50 euros e 70 euros para os xogadores externos. Haberá un desconto de 10 euros ó segundo irmán e está incluída unha merenda a media mañá e equipación do campus.