Skip to main content
Antas de UllaAxenda Caducada

A igrexa de San Xoan de Antas acolle a presentación do libro “Achegas a simboloxía do románico na Ulloa”

Por 21 Xullo, 2022Xullo 23rd, 2022Sin comentarios

Presentan Achegas a simboloxía do románico na Ulloa o sábado 23 de xullo as 19:00 na igrexa de San Xoan de Antas de Ulla. O libro, escrito polo historiador chantadino Xose Lois Garcia, pretende levantar unha nova ponte entre A Ulloa e a Ribeira Sacra, comarca sobre a que leva publicado varias obras arredor da simboloxía do románico de Pantón (1999), de Sober (2008), de Chantada (2010) e de O Saviñao (2015). Coas súas interpretacións da simboloxía das igrexas románicas da Ulloa pon de manifesto a continuidade cultural e arquitectónica entre ambas comarcas.

Editado polo Instituto de Estudos Ulloáns e financiado pola Área de Turismo da Deputación de Lugo, Achegas á simboloxía do románico da Ulloa recolle tanto os artigos de Xosé Lois publicados en varios números de Cairón. Boletin do Instituto de Estudos Ulloáns, como novas investigacións sobre a simboloxía amosada en 44 igrexas románicas da Ulloa, tanto de Antas de Ulla como de  Monterroso e de Palas de Rei. Trátase dunha obra indispensable para coñecer en profundidade o románico da zona central da provincia de Lugo.

Na presentación intervirán Pilar García Porto, deputada e responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo; Javier Diéguez, párroco de San Xoán de Antas de Ulla, director de La Voz de la Verdad e rector do Santuario de O Faro; Xosé Lois García, autor do libro; e Francisco Pardo Teijeiro, coordinador da edición e director do Instituto de Estudos Ulloáns.