Skip to main content
Antas de UllaAxenda Caducada

Volve a Antas o Circuíto Galego de Teatro Amador

Por 29 Xullo, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

O Circuíto Galego de Teatro Amador volve este sábado cunha nova representación en Antas de Ulla. O grupo Teatro do AR representará as 21:00 na praza do concello a obra Porcos do País.

Teatro do AR é un grupo de teatro con sede en nigrán e formado por doce integrantes que apostan por un teatro propio para trasladar da maneira máis pura a nosa forma de entender este arte. Traballan todos os xéneros teatrais e dende fai 3 anos realizan tamén teatro social con maiores e persoas con diversidade en residencias para levar esta arte a todo o mundo.

Este circuito de teatro terá duas representación máis. O domingo 14 de agosto o grupo Lohengri Teatro representará as 21:00 na praza do concello a obra Mouras. Para finalizar este circuito o grupo Falcatrueiros Monterroso representará a obra Clowncertazo o domingo 11 de setembro as 20:00 na Casa da cultura.