Skip to main content
Baleira

Os cantos de taberna poñerán a nota musical en Baleira este sábado

Por 7 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Baleira e a Asociación de Hostalería da localidade colaboran coa Asociación Cultural Camiño Primitivo de Baleira na organización da terceira edición de Cantos de Taberna. Unha cita que continúa a consolidarse na localidade e na que cinco agrupacións musicarán os bares do concello.

Airiños do Neira, Nove Ferreñas, Os do Trece, Os Gaioleiros e Toxo Queimado serán os encargados de poñer a nota musical, este sábado, día 9 de xullo, a partir das 20.00 horas.