Skip to main content
Axenda CaducadaBaleira

Baleira acolle unha xornada do festival Cultura no Camiño

Por 10 Xullo, 2022Xullo 17th, 2022Sin comentarios

O Concello de Baleira vén de publicar o cartel da xornada de Cultura no Camiño que desenvolve xunto a outros axentes culturais e institucionais. Así, o vindeiro domingo 17 de xullo, dende as 17 horas, a praza do Concello de Baleira arrancará unha xornada cultural con maxia a cargo de Fran Boza. Seguirao o espectáculo circense de Desastronauts, dende as 18 horas. Para rematar a xornada, Carapaus porá a nota musical da xornada dende as 20.30 horas na Casa da Cultura.