Skip to main content
Castroverde

O gando equino tomará Castroverde a mediados de mes

Por 3 Xullo, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Castroverde organiza para o vindeiro 17 de xullo a súa tradicional Feira do Cabalo. Con apertura ás 9.00 horas, o mercado gandeiro da localidade acollerá, unha vez máis, unha espectacular mostra de gando equino.

Ás 11.00 horas arrancará o exame dos animais que se presentan aos distintos concursos, a cargo dos xuíces de Apreval quen tamén valorarán as medicións de animais para as carreiras, dende as 12.00 horas. A mañá rematará en torno ás 14.00 horas chegará o momento musical na sesión vermú coa artista Verónica Cambón.

Non será ata ás 15.15 horas o comezo das carreiras de andadura. Nelas, cada xinete terá dereito a unha volta de recoñecemento. A organización adcirte que será obrigatorio o uso de casco. Para a participación nas carreiras é preciso inscribirse ata o 10 de xullo no teléfono 609 730 572, en horario de 14 a 15 horas e de 20 a 23 horas.

A xornada rematará coa entrega de premios e festa con Verónica Cambón.

PREMIOS

Entre os premios destaca ao Mellor animal de Castroverde ou o Mellor animal da Feira que recibirán 25 euros cada un ou o Maior número de cabezas cabalar e asnar con 100 euros.

Nas carreiras de andadura, os primeiros recibirán 100 euros, o segundo clasificado 60, e o terceiro e cuarto, 40 e 20 euros, respectivamente. Ademais, se recoñecerá cun diploma ao quinto clasificado.