Skip to main content
Cervantes

Cervantes abre o proceso para completar a brigada de incendios

Por 8 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervantes vén de facer públicas as bases e a convocatoria para a selección dunha brigada de cinco membros para a prevención e defensa contra lumes e de tres condutores de vehículos motobomba, na modalidade de contrato laboral temporal.

O concello, busca así, catro peóns de brigada, co permiso de conducir tipo B, un xefe de brigada, co permiso de conducir tipo B e tres condutores motobomba co permiso de conducir tipo C para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.

O contrato de traballo concertarase cunha duración determinada de 3 meses, a xornada completa, segundo o establecido no Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural.

O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso – oposición. Para iso, os aspirantes deberán reunir os requisitos legalmente establecidos e que se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia.

A solicitude para tomar parte no proceso de selección correspondente axustarase ao modelo anexado as bases publicadas, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase ao Sr. alcalde do Concello de Cervantes. O prazo de presentación será exposto no taboleiro de anuncios, e estará comprendido dentro dos 3 días hábiles contados dende mañá, día seguinte á publicación da convocatoria e bases de selección no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e na sede electrónica do concello: https://cervantes.sedelectronica.gal.

Os interesados deberán achegar ás oficinas do Concello toda a documentación requirida. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 2 días hábiles, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos e excluídos.

Unha convocatoria cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).