Skip to main content
A Fonsagrada

Abertas as piscinas da Fonsagrada

Por 6 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada vén de abrir as súas piscinas municipais. Así, dende hoxe, 6 de xullo, e ata o mes de setembro, os veciños empadronados na Fonsagrada poderán gozar destas instalacións de xeito gratuíto.

Para iso, será necesario cubrir unha folla de inscrición como socio na Casa do Concello. Fará falta unha membresía de socio por usuario das instalacións.  As piscinas estarán abertas de domingo a venres entre as 15.30 e as 19.30 horas.