Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada ensinará aos seus maiores o uso do móbil co ‘Enredando’

Por 19 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada acollerá o vindeiro venres, 22 de xullo, o taller Enredando co que se axudará ás persoas maiores da vila a achegarse á tecnoloxía de forma sinxela. Así, a praza do Concello será a ubicación deste programa entre as 10.30 e as 13.30 horas.

Trátase dunha iniciativa de Cruz Vermella que quere axudar aos maiores a mellorar o uso do móbil, con aplicacións de mensaxería instantánea, facer búsquedas en Internet e, incluso, pedir cita para os médicos.