Skip to main content
A FonsagradaNavia de Suarna

Navia e A Fonsagrada acollen un encontro sobre turismo en espazos protexidos

Por 13 Xullo, 2022Sin comentarios

Os municipios de Navia de Suarna e da Fonsagrada acollerán, o 20 e o 21 de xullo, un encontro profesional sobre o Desenvolvemento Turístico en Espazos Protexidos. Unha actividade orientada a abrir un proceso de debate sobre as posibilidades de desenvolvemento do territorio, animar á posta en marcha de proxectos e iniciativas de xestión de recursos e emprendemento, ou presentar experiencias e casos de éxito.

Asemade, busca xerar dinámicas entre axentes locais e pór en valor oportunidades que se presenten no territorio, así como potenciar diversos proxectos e iniciativas en marcha.

PROGRAMA

Toda a información e as incricións pódense facer no GDR Montes e Vales Orientais ata o 18 de xullo ás 14.00 horas, nos teléfonos 659 275 743 ou no 982 355 290, así como no enderezo electrónico montes.vales.orientais@gmail.com.