Skip to main content
Lugo

Un curso da USC valorará en Lugo a importancia dos produtos do monte galego

Por 3 Xullo, 2022Sin comentarios

Analizar a importancia dos produtos non madeireiros e servizos ou externalidades máis importantes que o monte galego presta á sociedade é un dos obxectivos do curso que a USC organiza en Lugo, entre o 18 e o 21 de xullo, dentro do programa Universidade de Verán.

Así, o curso dará a coñecer os produtos do monte galego como cogomelos, mel, pastos, plantas medicinais, ou resina entre outros. Asemade, porá en valor o uso recreativo, a conservación de chans, a calidade das augas ou a conservación da biodiversidade do monte autóctono.

O IBADER (Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural), situado no Campus Universitario de Lugo, acollerá as catro xornadas deste curso, dirixido por Antonio Rigueiro Rodríguez.

En total 50 alumnos poderanse beneficiar das 30 horas lectivas que completan esta formación.

A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso.

O prazo de matrícula xa está aberto e permanecerá ata o vindeiro 8 de xullo.

PROGRAMA

Día 18
9:30 a 10:00 Inauguración do curso
10:00 Sistemas Agroforestais – María Rosa Mosquera Losada, Dra. en Bioloxía. Catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC
12:30 Aproveitamento de pastos forestais: sistemas silvopastorais – Nuria Ferreiro Domínguez, Dra. Enxeñeira de Montes. Investigadora Distinguida do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC (Grupo de Investigación de Sistemas Silvopastorais)
16:00 Froitos e sementes de árbores forestais – Santiago Pereira Lorenzo, Dr. Enxeñeiro Agrónomo. Catedrático do Departamento de
Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC
18:00 Froiteiras arbustivas – Belén Díaz Hernández, Dra. Enxeñeira Agrónoma. Profesora Contratada Doutora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC

Día 19
10:00 A Apicultura como recurso do monte galego – Abel Yáñez Armesto, Dr. Enxeñeiro de Montes. Asociación Galega de Apicultura (AGA) 12:30 A biomasa para produción de enerxía: un recurso do monte galego – Mauro Coucheiro Rodal, Enxeñeiro Técnico Forestal. Director de Operacións de GREENALIA SA
16:00 Visita á planta de biomasa de Greenalia en Teixeiro (Curtis, A Coruña) – Mauro Coucheiro Rodal

Día 20
10:00 Aproveitamento sostible de cogomelos. Micoturismo – Julián Alonso Díaz, Dr. en Veterinaria. Técnico Superior de Apoio á Investigación do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC (Grupo de Investigación de Sistemas Silvopastorais). Presidente da Sociedade Micolóxica LUCUS
12:30 Aproveitamento sostible de plantas medicinais no monte galego. As plantas medicinais e aromáticas en sistemas agroforestais –Rosa Romero Franco, Dra. en Bioloxía. Profesora Titular do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC
16:00 O aproveitamento da resina: un recurso do monte galego – Érika Martínez Carreira, Enxeñeira de Montes. Directora Xeral da empresa Sinerxias Sostibles Resiforest
18:00 Servizos ecosistémicos dos montes e a súa valoración socio-económica – Ana Isabel García Arias, Dra. en Ciencias Económicas. Profesora Titular do Departamento de Economía Aplicada da USC

Día 21
10:00 As árbores senlleiras de Galicia, un patrimonio natural valioso a conservar – Antonio Rigueiro Rodríguez, Dr. Enxeñeiro de Montes. Catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC
12:30 As paisaxes da montaña como recurso – Inés Santé Rivera, Dra. Enxeñeira Agrónoma. Profesora Titular do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC. Directora Xeral de Desenvolvemento Rural e da Axencia Galega de desenvolvemento Rural (AGADER) da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia
16:00 A compensación de carbono no monte galego – Francisco Dans del Valle, Enxeñeiro de Montes. Director da Asociación Forestal de
Galicia (AFG)
18:00 Clausura e entrega de certificados de asistencia