Skip to main content
Lugo

Unha proba de orientación abre as festas de Castroverde

Por 9 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Castroverde está de festa. 23, 24 e 25  de xullo a localidade celebrará ao seu patrón, Santiago, cunha programación chea de música e festa que comezará o sábado 23 cunha proba de orientación Orientibirring, que sairá da praza do Concello. O primeiro día, rematará como non podía ser doutro xeito, con verbena a cargo das orquestras Fenix e Finisterre.

O domingo 24 é o día dos nenos, onde poderán gozar de xogos infantís dende as 17.00 horas. O toque musical poñerano as orquestrass Venezia (en sesión vermú e verbena) e Fania Blanco Show que amenizará a noite. Ademais a charanga Ardores será a encargada de musicar as rúas da vila durante a tarde.

O luns 25, día de Santiago, arrancará coa misa solemne á que seguirá a sesión vermú coa orquestra Estrellamar que tamén estará na verbena da noite. Durante o día a Charanga Mekanika amenizará o concello.