Skip to main content
Lugo

O BNG acada o apoio do pleno de Lugo para mellorar as condicións dos traballadores do SAF

Por 1 Xullo, 2022Xullo 3rd, 2022Sin comentarios

O pleno municipal celebrado no Concello de Lugo aprobou a proposta do BNG na que se reclama a mellora nas condicións laborais dos traballadores do Servizo de Axuda no Fogar. “Os servizos públicos garanten que a veciñanza poida contar con ferramentas que fagan a vida máis doada”, explicou a concelleira do BNG, Cristina López, engargada de defender a proposición no pleno.

O texto proposto polo BNG, que foi apoiado pola maioría da corporación municipal, insta á Xunta de Galiza a asumir a súa competencia neste servizo, mediante a creación dun sistema público e galego de coidados, que garanta o dereito dunha vellez digna a toda a poboación. Ademais, reclama que o goberno galego traballe xunto coas organizacións sindicais e as empresas, garantindo o cumprimento do convenio colectivo do sector da atención a domicilio, cumprindo co incremento salarial do 6,5% ás traballadoras e traballadores deste servizo.

“As traballadoras do SAF levan loitando moitos anos pola súa profesionalización e contra os abusos das empresas concesionarias”, declarou Cristina López, que engadiu, “é de dereito recoñecer e facer efectivos os convenios do sector, e avanzar na mellora das condicións laborais das traballadoras e traballadores deste servizo esencial”.