Skip to main content
Lugo

Outro Garañón na Muralla? mobilízase pola paralizacións das obras do Camiño Primitivo

Por 3 Xullo, 2022Sin comentarios

O colectivo Outro Garañón na Muralla? organiza para mañá, como cada luns, unha nova mobilización para pedirlles aos políticos responsables a inmediata paralización das obras de urbanización que se están a acometer na confluencia do Camiño Primitivo e a Muralla.

Ademais, a asociación solicita a retirada da Modificación Puntual do PEPRI no quinteiro 214A, e a redacción dun novo plan máis respectuoso con este lugar de tanto valor histórico e patrimonial para a cidade.

A mobilización será mañá, 4 de xullo, nas inmediacións da Porta de San Pedro.