Skip to main content
Lugo

O PP tilda de “insuficiente” a oferta de actividades para a mocidade de Lugo

Por 4 Xullo, 2022Sin comentarios

O Partido Popular do Concello de Lugo considera “insuficiente” a oferta de campamentos para mozas patrocinada desde o departamento de Xuventude fronte ás actividades que se programan noutros municipios galegos para os mozos e mozas dos seus respectivos municipios.

A concelleira popular Cristina Abades cre que o concelleiro socialista utiliza de forma partidista esta concellería e que “se esquece das verdadeiras necesidades dos mozos destinando esforzos e recursos de Xuventude a eventos para autopromoción da alcaldesa de Lugo como o Arde Lucus”. “Non temos nada en contra de que se apoie esta celebración pero non á conta de recortar fondos para actividades para os nosos mozos”.

A concelleira Cristina Abades explica que, na pasada comisión do 23 de xuño a unha batería de preguntas que levou o PP sobre actividades desta área para os mozos, “contestóusenos que non había nada programado”.

48 horas foi o que tardou o goberno local en anunciar a oferta de 160 prazas en actividades no río e cursos de calistemia. “Está claro que senón puxésemos en evidencia o seu esquecemento na comisión non organizarían nada,” engadindo que “como sempre este gobierno vai a remolque da oposición e segue investindo máis tempo en facer oposición á oposición que en xestionar”. Cristina Abades incidía en que “se non fóra polas nosas preguntas non ofertarían ningunha actividade para os mozos lucenses”.

A popular lamenta “o desplante que cada mes failles o responsable de mocidade socialista, Mauricio Repetto, que nunca comparece na comisión para dar a cara ás preguntas que se formulan sobre o funcionamento da súa área” aclarando que “non comprendemos porque delega e evita presentarse a este órgano de control ao goberno” destacando que “se estivese orgulloso e seguro da xestión que fai non tería problemas en participar neste foro ”.