Skip to main content
Lugo

Éxito do concerto de música barroca Capela Compostelana

Por 5 Xullo, 2022Sin comentarios

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro asistiu ao concerto da formación especializada en música renacentista e barroca Capela Compostelana, que se celebrou na Capela de Santa María, no marco dunha programación en homenaxe ao viologambista Jóse Vázquez (1951-2021), un dos máis recoñecidos intérpretes deste instrumento de corda.

Baixo o título The Cries of London, a formación, dirixida polo músico Francisco Luengo, acompañada pola soprano Raquel Mendes, interpretou un repertorio de cancións, fantasías e danzas de autores do Renacemento inglés moi representativas do repertorio da viola da gamba.

O responsábel provincial lembrou que “como parte desta programación, o Centro de Artesanía e Deseño acolle desde o pasado venres unha exposición de violas da gamba” e explicou que “a iniciativa se encadra no traballo que desde o Centro de Artesanía e Deseño se ven facendo para poñer en valor o patrimonio musical e amosar ao público en xeral as posibilidades que a música antiga ofrecer para a creación contemporánea”.

A mostra reúne 13 instrumentos de corda de Francisco Luengo, na súa maioría violas da gamba máis tamén outros da familia da viola como o pardessus -que se toca no regazo- ou a xiga, un instrumento medieval considerado precursor da viola de gamba, barroca.

O horario de apertura ao público da exposición, na sala central do Centro de Artesanía e Deseño é de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e sábados e domingos de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.