Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Luís Castaño consegue dous bronces no torneo internacional de Grappling

Por 5 Xullo, 2022Sin comentarios

Luis Castaño, líder de Alpha Wolf Pack, vén de acadar dúas novas medallas para o equipo de loita. Fíxoo no torneo International Grappling Industries, celebrado en Madrid o pasado 2 de xullo.

Trátase dun prestixioso torneo internacional da promotora estadounidense co mesmo nome. A competición, na que Castaño conseguiu dous bronces, reuniu nas instalacións do colexio internacional Newman, a atletas de todo o globo.

Luis Castaño competiu na categoría Cinturón Negro, peso ata 145 lb, tanto con kimono como en Grappling (loita sen kimono). Despois de varios combates acadaba o bronce nas dúas seccións.

A vindeira competición para Alpha Wolf Pack será o Gran Premio de Galicia que terá lugar o 24 de setembro en Sada (A Coruña), ao que irán a lo menos, vinte atletas do equipo.