Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Rapaces de todo o Estado danse cita en Lugo, no Campus de Baloncesto Álex Llorca

Por 6 Xullo, 2022Sin comentarios

Máis dun cento de rapaces de todo o Estado comparten, en Lugo, a súa formación en baloncesto da man do que fora xogador do breogán, Álex Llorca. Unha actividade que se desenvolve esta semana no Pazo dos Deportes, organizada pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón.

O deputado provincial de Deportes, Efrén Castro, achegouse ao Pazo para saudar as rapazas e rapaces que, ademais das sesións formativas centradas en mellorar as súas capacidaes físicas, técnicas e tácticas, desfrutarán de propostas de ocio e visitas á cidade de Lugo.