Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental ofrece unha web turística da cidade

Por 7 Xullo, 2022Sin comentarios

A asociación Lugo Monumental presentou hoxe unha web específica do turismo en Lugo. Un servizo que o colectivo botaba en falta no concello de Lugo. A web, accesible dende turismoenlugo.com ou lugoturismo.es e turismolugo.es.

Trátase dunha iniciativa que eles mesmos tildan de “sinxela e cunha disposición de elementos clara e sen información farragosa”. Coa web, o colectivo intenta captar a atención do públicopara que coñeza que visitar e que facer na cidade de Lugo, con referencia ás principais festas da cidade como o Arde Lucus ou o San Froilán, pero tamén recollendo outrass iniciativas culturais.

Pretenden, así, realizar unha orientación ao visitantes incluíndo apartados como lugares de aloxamento e locais recomendados de hostalería ou unha sección de compras e servizos. Malia que polo momento a páxina non amosa todos os servizos dispoñibles, a asociación incorporará, paulatinamente, aos máis de 100 asociados do colectivo.

Asemade, Lugo Monumental avanza que irá abrindo as opcións a novas visitas fóra de murallas e, incluso, a utilizar Lugo como “punto cero” para organizar viaxes de varios días co epicentro na cidade.