Skip to main content
Lugo

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación da Fonsagrada

Por 9 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada vén de abrir o prazo de inscrición para os cursos estivais de natación. Así, e ata que se completen as prazas dispoñibles, os interesados pódense inscribir, cubrindo a solicitude e entregándoa nas oficinas do concello.

Os cursos están dispoñibles tanto para nenos (dende os 5 anos) como para adultos e as prazas son limitadas. Levaranse a cabo de luns a venres cunha duración de tres semanas. O primeiro dará comezo o 18 de xullo, mentres que o segundo arrancará o 8 de agosto. O prezo do curso son 20 euros.