Skip to main content
Lugo

Rubén Arroxo denuncia ameazas de morte nas súas redes sociais

Por 14 Xullo, 2022Sin comentarios

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou unha denuncia ante as distintas ameazas de morte escritas no perfil dun cargo público nas redes sociais durante a tarde de onte. “Non imos consentir que por unha cuestión ideolóxica se nos ameace”, explicou Rubén Arroxo, que denunciou os feitos ante a policía “para que a xustiza faga o seu traballo e actúe contra este tipo de discursos”

Arroxo explicou que non se trata da primeira vez que recibe ameazas deste tipo, de feito, a comezos deste ano, denunciou nas redes sociais a aparición de pintadas ameazantes nas rúas da cidade.

As ameazas, nesta ocasión, chegaron a través de comentarios no perfil dunha rede social correspondente a un concelleiro do Partido Popular. Este concelleiro mantivo un ton elevado contra os membros do goberno municipal en diferentes ocasións.

O tenente alcalde de Lugo trasladou tamén as mensaxes aos servizos xurídicos do Concello de Lugo e do BNG para estudar todas as posíbeis medidas legais a executar ante este tipo de ameazas.