Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo esixe o arranxo “inmediato” dunha ponte en Santiago de Saa

Por 17 Xullo, 2022Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo piden o arranxo inmediato dunha ponte na parroquia de Santiago de Saa “xa que cada día que pasa afúndese un pouco máis”, algo que puideron comprobar os propios concelleiros populares ao visitar a zona.

A actuación do bipartito nesta pontella roza o ridículo xa que despois de que lles trasladásemos este problema mandaron unha brigada e “botaron grava na superficie sen solucionar o problema de raíz que é que a súa estructura sigue afundíndose”.

Os edís do PP, simplemente con camiñar sobre esta ponte, viron como o chan se afundía pouco a pouco, polo que o perigo é máis que evidente nunha zona pola que pasan a diario vehículos pesados, coma tractores ou camións.

Unha situación ante a que os populares urxen ao goberno local unha actuación inmediata para garantir a seguridade e, sobre todo, agora que semella que o bo tempo chegou para quedarse, xa que coas inclemencias meteorolóxicas do inverno “a mellor época para arranxar esta ponte é agora”. “Moito nos tememos que de non tomar medidas a pontella non aguantará o vindeiro inverno”.