Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

17 artistas presentan no Vello Cárcere de Lugo a mostra ‘LiberArte’

Por 17 Xullo, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, Felipe Rivas, visitou o Vello Cárcere xunto con 17 artistas da asociación AlterArte, que expoñen a súa mostra LiberArte. A mostra consta dunha selección de obras de temática diversa, con algunhas facendo un guiño a Lugo, á catedral, ao río Miño, e outras que expresan sentimentos de soidade nun cárcere ou ansia de liberdade. A maioría son temas dispares, con temática, técnicas e estilos diferentes que conforman a diversidade da asociación.

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 17 de setembro, e consta dunha selección de obras dos seguintes artistas: Ana Padín, Aurea Pousa, Azpeitia, Carmen Balbuena, Concetta Montenegro, Constantino González, David Cabaleiro, Lorena Novoa, Luís Martín, Luís Viñas, Luisa Paz, Lurdes Meis, Manuel Cerdeira, María Fortes Blanco, Pilar G. Mourín, R. Priegue e Tania Ulloa.

AlterArte é unha asociación de artistas plásticos e visuais, cun proxecto dinámico e aberto a todo tipo de tendencias, que teñen como obxectivo a promoción das súas creacións artísticas e a divulgación doutras manifestacións culturais actuais.

Ofrece como asociación un lugar de encontro enriquecedor, tanto polas distintas visións que aporta cada artista, como as novas perspectivas a nivel cultural que ofrece nas diversas exposicións e feiras ao longo do ano.

O seu proxecto é un punto de partida para fortalecer a cooperación de artistas que teñen como referencia a arte en xeral e a galega en particular, fomentando novas formas de relación coa cultura en plena liberdade.