Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A Tinería acollerá o próximo xoves un entroido de verán con concurso de disfraces

Por 18 Xullo, 2022Xullo 21st, 2022Sin comentarios

O barrio da Tinería acollerá o xoves, 21 de xullo, de 11:00 a 23:30 horas, na Praciña Recanto do Miño, un entroido de verán enmarcado no movemento Localmente Lucense que ten como obxectivo dinamizar este barrio emblemático da capital luguesa. “Esta actividade súmase ás accións de dinamización específicas para o desenvolvemento económico e social do barrio da Tinería, que puxemos en marcha dentro do Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, e co que estamos a impulsar tanto este viveiro de empresas municipal como o do CEI Nodus”.

A actividade contará con actuacións musicais, charanga e pasarrúas, actividades infantís, obradoiros de maquillaxe e caracterización así como tamén un concurso de disfraces. O certame estará dotado de 875 euros en vales para gastar en establecementos aheridos ao movemento Localmente Lucense. “De modo que tamén servirá para fomentar as compras e o consumo nos establecementos comerciais e de hostalería da cidade”, engadiu a rexedora.

Para participar neste certame será necesario inscribirse no formulario de “Concurso de Entroido de Verán” na páxina www.localmentelucense.gal ata o día 20 de xullo ás 12.00 horas ou inscribirse presencialmente no stand Localmente Lucense (situado na Rúa Tinería, nº 36) en horario de 12:00 a 14:00 horas.

O día do desfile os participantes deberán presentarse no stand Localmente Lucense  para confirmar os datos de inscrición unha hora antes do desfile. As persoas participantes terán que asistir disfrazados e/ou caracterizados e poderán participar en tres modalidades: comparsa, parella ou individual. Calquera menor de idade pode ser inscrito sempre que estea acompañado por un adulto maior de idade.

Unha vez finalizado o desfile, o xurado deliberará para repartir un total de 875€ en vales de compra repartidos nun premio á mellor comparsa, dotado de 500 euros; un premio á mellor parella, dotado de 250 euros; e un premio ao mellor disfraz individual, dotado de 125 euros.

Programa da xornada

11.00 h. – 21.00 h. Música e photocall de entroido.

11.00 a 12.00 h. Pasarrúas con carriño musical guiado por unha persoa condutora vestida de entroido.

12.30 h – 13.30 h. Charanga Unión Phenosa polo barrio.

12.00 – 14.00 h. Obradoiro infantil “Máscara de entroido” (Sen inscrición previa).

17.00 – 19.00 h. Obradoiro infantil “Complementos para disfraces” (Sen inscrición previa).

19.00 – 20.00 h. Recuncho de maquillaxe e caracterización de cores para persoas adultas.

20.00 h. – 21.00 h. CONCURSO de disfraces “Entroido de verán”.

21.30h. Entrega de premios.

22.00 – 23.30 h. Concerto-verbena con D’Nika Music.