Skip to main content
Lugo

Comunicado da asociación Lugdunum

Por 19 Xullo, 2022Sin comentarios

A Asociación Lugdunum, de recreación histórica á beira do Arde Lucus, a raíz das declaracións dun dos seus membros ameazando de morte ao Concelleiro Rubén Arroxo Fernández, 1º Teniente de Alcaldesa e titular da Área de Mobilidade e Infraestructuras Urbanas declara:

Somos unha asociación comprometida coa nosa sociedade, pero non somos partidistas, respectamos totalmente a pluralidade política que define unha democracia sá.

A Asociación non comparte as declaracións deste socio nin no fondo, nin na forma, nin no contido.

A Asociación cualifica ditas declaracións de gravísimas que non só atentan contra a dignidade do Concelleiro, senón que contraveñen os estatutos, desta, nosa Asociación.

Por un lado, non cumpre a obriga como socio, tal e como aparece tipificado no artigo 10.6, no que se especifica a necesidade de manter unha conduta individual cívica, e ameazar de morte a alguén nas redes, non o é; ademais, e de acordo aos citados estatutos, se especifica no artigo 8.1 que será causa de baixa “non cumprir as súas obrigas (como socio) ou a realización de accións que perxudiquen á asociación”.

Así pois, dende a Asociación se tomarán as medidas disciplinarias correspondentes, procedendo á expulsión do socio.