Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

The Partisan Seed inaugura hoxe o Ciclo Experimenta

Por 21 Xullo, 2022Xullo 23rd, 2022Sin comentarios

Hoxe xoves comezan os concertos do Ciclo Experimenta, organizado por Tele-Clube coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Inaugura o ciclo a actuación de The Partisan Seed que terá lugar no xardín do Museo de Lugo as 20:30. The Partisan Seed, que ten detrás ao compositor, músico e artista visual portugués Filipe Miranda, caracterízase polo seu estilo delicado de guitarra acústica, a súa conmovedora interpretación vocal e as improvisacións, como trance chamánico, en directo. Está considerado en Portugal como un dos compositores de cancións mais destacados da súa xeración.

A banda asturiana de “post folk” L-R actuará o venres no xardín do Pazo de San Marcos as 20:30 e o dúo catalán ZA!, o sábado en Reque as 13:00 completan o cartel do ciclo, que aposta por propostas musicais de vangarda de toda a Península en espazos singulares da cidade.

Leticia Baselgas e Rubén Bada (L-R) conforman unha das propostas máis orixinais da música asturiana dos últimos anos. Reelaboran a música do país mantendo os ritmos tradicionais para o baile e engadindo sons como blues, jazz ou rock. Voz, pandeireta e guitarra eléctrica dan forma ao que eles etiquetan como post-folk asturianu. Por outra banda Za! o dúo barcelonés, composto por Edi Pou á batería e outras cacharradas e Pau Rodríguez á guitarra, trompeta e outras tantas cacharradas, desatará os seus ritmos tribales, electrónicos e telúricos na despedida por todo o alto da terceira edición do Experimenta.

Os escenarios elixidos para esta terceira edición do programa son espazos públicos xestionados pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que ademais de colaborar economicamente con Tele-clube, avanza na promoción do uso cultural e social dos espazos públicos de titularidade provincial.