Skip to main content
Lugo

Maite Ferreiro visita o claustro da escola de música, que vén de escoller nova directiva

Por 21 Xullo, 2022Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou a Escola Municipal de Música, onde o claustro vén de escoller unha nova directiva. Maite Ferreiro deu a benvida á nova directiva eleita polas profesoras e profesores da Escola, e afirmou que “hoxe damos un paso máis para recuperar a normalidade da nosa Escola Municipal de Música”.

A directiva escollida hoxe encargarase da xestión da Escola de Música, “mantendo actividades xa consolidadas como as audicións nas rúas das distintas agrupacións da Banda”, afirmou a concelleira de Cultura. A nova directiva realizará estas tarefas mentres a concellería de Persoal continúa co procedemento para dar cobertura definitiva á praza de dirección.

Na Escola de Música prestan servizo todo o persoal que forma parte facilitando á veciñanza a aprendizaxe de instrumentos e linguaxe musical de maneira accesible. Maite Ferreiro destacou “a implicación das integrantes da Escola Municipal de Música durante todo este proceso para manter vivo un servizo público ás veciñas e veciños de Lugo a pesares de todas as dificultades”.