Skip to main content
Lugo

Xuventude lanza unha campaña para concienciar sobre os perigos no consumo de sustancias aditivas

Por 22 Xullo, 2022Sin comentarios

O goberno de Lara Méndez realizará diferentes intervencións itinerantes ca finalidade de concienciar aos mozos e mozas sobre as consecuencias do consumo de sustancias aditivas, e dotalos de coñecementos dun xeito dinámico e participativo. Unha acción incluída no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude.

As sesións terán lugar durante diferentes fins de semana nos meses de xullo e agosto, cun formato “diferente, ecolóxico e moi atractivo, con soportes informativos móbiles, en diferentes puntos da cidade, co propósito de chegar a máis público durante unha mesma sesión”. No mes de setembro, a unidade informativa, estará ubicada nun stand dentro do recinto do Caudal Fest, os mozos e mozas que se acheguen poderán participar en diferentes actividades de ocio, serán agasallados con merchandising e disporán de material informativo.

“Unha campaña na que ofreceremos ferramentas útiles para xerar unha mellor xestión das emocións, fomentar as boas prácticas e sensibilizar sobre os riscos do consumo de alcol e outras sustancias, especialmente entre os máis novos e potenciar o lecer nocturno saudable”, sinalou o edil.