Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Xuventude organiza un taller de creación audiovisual

Por 24 Xullo, 2022Agosto 12th, 2022Sin comentarios

O goberno de Lara Méndez, organiza un taller teórico práctico de creación de microespacios audiovisuais na Casa da Xuventude, dirixido especialmente a afeccionados, unha acción incluída no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude.

O curso terá luga do 1 ao 12 de agosto, na Casa da Xuventude, con horario de 10.30 a 13.30 horas. Trátase dun obradoiro teórico-práctico, de 30 horas de duración, que conta con 14 prazas para xóvenes de entre 14 e 35 anos. “Todos os asistentes aprenderán a realizar mini pezas audiovisuais” sinalaba o concelleiro.

O obxectivo do taller é dar a coñecer os pasos básicos para a realización de traballos de videocreación amateur, así como difundir, impulsar e  incentivar creación deste tipo de material. A inscrición será por rigurosa orde desde hoxe ata o 29 de xullo a través da web: www.lugomasxti.org.

A iniciativa pretende formar a mocidade e “dar cabida a outras posibilidades de lecer e fomentar e compartir experiencias no ámbito audiovisual de maneira saudable e por medio da creatividade e a expresión” destacaba Repetto. Sen descartar as posibilidades deste ámbito por medio dunha inmersión práctica de iniciación para adquirir coñecementos básicos e aprender e coñecer outros mozos e mozas coas mesmas inquietudes.