Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Coidemos Lugo celebra o seu segundo aniversario

Por 26 Xullo, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

Coidemos Lugo, un movemento social da cidade que busca pór en valor o patrimonio, a natureza e os espazos públicos, cumpre dous anos de historia e, para festexalo, organiza unha xornada de limpeza e concienciación ambiental o vindeiro domingo 14 de agosto.

A actividade terá lugar na praciña do Carmen en horario de 18:00 a 20:00, unha acción que se suma ás xa realizadas en Fingoi, Abella ou o centro de Lugo. Con preto de mil voluntarios este segundo ano ampliaron a súa actividade a realización de charlas en diferentes centros educativos da provincia e incluso fóra como Maristas en A Coruña.

Para máis información a través de mensaxe privada nas redes sociais de Coidemos Lugo