Skip to main content
Lugo

Rubén Arroxo anuncia a instalación de 10 novas marquesiñas para o bus urbano

Por 29 Xullo, 2022Sin comentarios

 O tenente alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo vén de comezar a instalar 10 novas marquesiñas para o bus urbano. Arroxo explicou que “continuamos a mellorar o servizo de transporte público, atendendo ás solicitudes que nos chegaron por parte da veciñanza reclamando novas marquesiñas en distintas zonas da cidade”.

O Goberno de Lugo adquiriu 10 novas marquesiñas, que supuxeron un investimento de 61.651,82€. As novas marquesiñas estanse a instalar nas paradas da Avenida Carvalho Calero 18, Avenida de Magoi 69, Avenida de Magoi 23, Rúa San Roque, Ronda da Muralla 118, Obras Públicas, Avenida da Coruña 344, Avenida da Coruña 394, Estrada Vella de Santiago (Balneario) e Rúa Armórica.

“Continuamos a traballar na mellora e ampliación do mobiliario urbano, escoitando as solicitudes da veciñanza e traballando para mellorar a imaxe da cidade”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “continuamos avanzando de cara a unha mobilidade máis ecolóxica na que a xente aposte polo transporte urbano no canto de usar o vehículo privado”.