Skip to main content
Monterroso

A música centra o programa das festas de Monterroso

Por 4 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Monterroso vén de presentar a programación para as súas festas do San Cristovo, que terá lugar esta fin de semana, 9 e 10 de xullo. Este ano a festa está organizada, segundo informa o goberno local, por unha comisión integrada “por un grupo de xente responsable, con ganas e con moita ilusión para conseguir que o noso pobo vibre, se involucre e desfrute das festa deste ano”.

A alcaldesa, Rocío Seijas, o tenente de alcaldesa, Eloy Perez e o concelleiro de cultura, Luís Mariño recibiron e mostraron o seu apoio a comisión.

PROGRAMA

A música centrará gran parte do programa festivo. Así o día 9 de xullo arrancará a celebración, ás 18.00 horas, co concerto en acústico de Sergio Alba na praza Antonio Rojo Losada. Tralo concerto, ás 20.00 horas amenizará a vila a charanga Europa.

O día 10 de xullo as festas darán comezo ás 11.00 horas cun pasarrúas a cargo do grupo Falcatrueiros seguidos da Charanga Louband. Ás 12.30 horas será o momento da misa solemne e a bendición ademáis do desfile de coches ao que acompañará unha actuación dos Falcatrueiros.

A sesión vermú arrancará ás 13.30 horas a cargo do Grupo Fénix na Área Recreativa da Peneda. Ás 18.00 horas o Grupo Fénix dará comezo á música xunto á charanga Louband.