Skip to main content
Axenda CaducadaMonterroso

Monterroso celebra este venres a Festa da Xuventude

Por 27 Xullo, 2022Xullo 29th, 2022Sin comentarios

O concello de Monterroso celebra o vindeiro venres 29 de xullo a súa décimo sexta festa da xuventude.

A xornada dará comezo ás 16:30 con xogos populares como carreira de sacos, campeonato de  brilé ou o xogo das sillas. Todo isto acompañado de animación musical.

A partir das 19:00 iniciarese unha ruta polos diferentes bares do concello que estará animada pola charnga Era visto. Como final de festa a verbena coa actuación do grupo revelación Tentaciones e Dj & Singer live show que presenta o seu espectáculo para esta tempada e estarán acompañados polo Dj Marcos Magán.