Skip to main content
Palas de Rei

Palas recibe a unidade móbil de Coidados porta a porta este mes

Por 18 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 21, 22, 26 e 27 de xullo. Esta iniciativa de saúde, financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation, achega aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado na Praza da Feira da localidade de 09.00 a 20.00 horas, segundo informa o Goberno local.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán o de audioloxía, cunha revisión e unha valoración auditiva; o de podoloxía, para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés;  o servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas co que se farán probas de valoración cognitiva, exercicios e actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Para reservar cita, ou solicitar máis información, pódese facer nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).