Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

Grandes festas na parroquia palense de Carteire

Por 10 Xullo, 2022Xullo 16th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Carteire, no municipio de Palas de Rei, celebra o vindeiro sábado, 16 de xullo, as súas grandes festas na honra da Virxe do Carme. Os festexos arrancarán ás 13.00 horas coa misa solemne que irá seguida da sesión vermú a cargo do Dúo Sonidos.

Este mesmo grupo será o encargado de musicar a verbena nocturna, dende as 22.30 horas. Ademais a comisión fará un sorteo dunha cesta con agasallos, as rifas poderanse adquirir por 2 euros.

A festa irá acompañada pola exposición de artesanía de Manel Gómez.