Skip to main content
Palas de Rei

Controlado o lume declarado na noitiña de onte en Palas

Por 13 Xullo, 2022Sin comentarios

O servizo de prevención de incendios da Xunta de Galicia vén de declarar controlado o lume iniciado onte ás 21.06 horas no concello de Palas de Rei, na parroquia de Cuíña. Os servizos de emerxencias conseguiron controlar este incendio en torno ás 2.20 horas, logo de que comezara en tres focos, o que podería indicar que foi intencionado.

Segundo as últimas informacións da Xunta de Galicia, remitidas ás 13.00 horas, o lume afecta unha superficie de 22 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 tractor cisterna, 2 pas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.