Skip to main content
Folgoso do CourelPalas de Rei

Seguen activos os incendios de O Courel

Por 20 Xullo, 2022Xullo 21st, 2022Sin comentarios

Segundo datos da Consellería do Medio Rural, os incendios forestais que teñen lugar en A Pobra do Brollón e en Seceda, seguen sen estar controlados.

O primero deles que afectaba ás parroquias de Vilamor (Folgoso do Courel) e Saa (A Pobra do Brollón) atópase en situación 2 (pola proximidade aos núcleos de Parada dos Montes, Carballal e Busto) e leva queimadas unhas 7.500 hectáreas. Xuntáronse 4 lumes, dous de Vilamor e dous de Saa e para a súa extinción estanse a empregar 16 técnicos, 125 axentes, 197 brigadas, 116 motobombas e 26 helicópteros, entre outros.

O incendio que ten lugar en Seceda tamén está en situación 2 pola proximidade ao núcleo de Gamiz. Cunhas 1.100 hectáreas queimadas, empréganse para sofocalo os esforzos de 19 axentes, 30 brigadas, 14 motobombas e 6 helicópteros entre outros.

E xa no concello de Quiroga, o da parroquia de Nocedo afecta a un total de 15 hectáreas e o de Outeiro a máis de 250. Ambos foron controlados gracias á intervención de distintos técnicos, axentes, numerosas motobombas e distintos helicópteros.

PALAS DE REI

Na parroquia de Ramil, en Palas de Rei, a Consellería do Medio Rural informa tamén dun incendio que xa está controlado tras queimar 375 hectáreas. Para sofocalo, contouse coa axuda de 1 técnico, 18 axentes, 21 brigadas, 19 motobombas e un total de 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.