Skip to main content
Pedrafita

Pedrafita busca un condutor de motobomba

Por 4 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Pedrafita vén de facer públicas as bases que rexerán a convocatoria para a creación da cuarta bolsa de emprego para a que busca un condutor de motobomba, de xeito temporal, ao abeiro do programa Aprol Rural da Consellería de Emprego.

Para a presentación das solicitudes, os interesados deberán entregar a instancia no Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro ou a través de calquera dos medios legalmente establecidos antes do vindeiro luns, día 11. No suposto de presentarse a instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro, será necesario adiantala por fax (982 367150), antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.

O sistema de selección establecido polo Goberno local  será o concurso – oposición, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Pedrafita.