Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

Quiroga acollerá o III Campus de voleibol Carolina Camino

Por 9 Xullo, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Quiroga acollerá dende o vindeiro luns 11 ao 15 de xullo a terceira edición do campus de voleibol Carolina Camino, a internacional do Arenal Emevé.

Para asistir será necesario anotarse na casa da cultura de Quiroga e ten un prezo de 30 euros. O horario será de 10.00 a 13.30 horas. Camino estará no campus para compartir vivencias e adestramentos coas participantes.

A xogadora quiroguesa xa debutou coa selección española e espera disputar a partir do 25 de xullo o Preuropeo, e ademais de convertirse nun gran referente do equipo lucense.