Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAChantada

Recollen doazóns de sangue en Chantada

Por 13 Xullo, 2022Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o venres 15 de xullo no Concello de Chantada para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10 e as 14 horas e entre as 16 e as 21 horas na praza de Galicia.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.