Skip to main content
Chantada

O Verán Cultural de Chantada chega cun amplo abano de actividades

Por 9 Xullo, 2022Xullo 10th, 2022Sin comentarios

O Verán Cultural de Chantada chega co mes de xullo e para todo o tempo de estío e que se celebrarán por toda a vila, aínda que a meirande maioría será na praza do Cantón.

A programación xa comeza este sábdo 9 de xullo con Elfa Cuca e as súas acrobacias e o domingo día 10 poderase desfrutar do teatro de El Gran Rufus e a súa obra No hay tiempo que perder.

O Concello de Chantada fixo pública unha ampla programación coa que pretende ter opción para todas con actividades ao aire libre, música, títeres e espectáculos de maxia. A entrada a todos os actos é libre ata completar aforo e recoméndase levar máscara.