Skip to main content
Chantada

Chantada doa o gañado na campaña Recicla e Únete ao Reto a Asdeme

Por 10 Xullo, 2022Xullo 11th, 2022Sin comentarios

A campaña cumpriu con dous obxectivos fundamentais: concienciar á poboación na necesidade da reciclaxe e dotar de recursos económicos a unha entidade do municipio.

O Concello de Chantada fixo entrega dun cheque de 2.000 euros á Asdeme tras superar o desafío da campaña Recicla e Únete ao Reto. Asdeme é unha asociación de persoas con discapacidade intelectual.

O alcade de Chantada, Manuel L. Varela, a concelleira de Servizos Sociais, Cándida Carnero e Bruno de Llano, especialista de Xestión Local e Autonómica de Ecoembes, fixéronlle entrega do premio aos usuarios e á directora de Asdeme, Alicia Fernández Moure.

O gran contedor de Recicla e Únete ao Reto permitiu á veciñanza sumarse á campaña de xeito que se alcanzaron dous obxectivos fundamentais. O primeiro deles foi concienciar á poboación da importancia de incrementar a reciclaxe dos envases lixeiros e incorporar rutinas e prácticas responsables co medio. O segundo, que se materializou coa entrega do cheque, brindou a oportunidade de doar 2.000 euros a unha entidade social do municipio.