Skip to main content
Chantada

A 48º edición do campionato de montaña ‘Subida a Chantada’ chega pisando forte

Por 22 Xullo, 2022Sin comentarios

O campionato de España de montaña poderase disfrutar no municipio de Chantada dende hoxe e ata o vindeiro domingo 24 de xullo. Organizado pola Escudería Chantada en colaboración con Murcia Sport Club chega a edición número 48 á nosa comunidade.

A Deputación participa na presentación do torneo destacando que esta proba “é un magnífico escaparate para a nosa provincia. Unha cita que, ademais de todo o que comporta para o mundo do deporte, atrae visitantes e dinamiza a economía da comarca, favorecendo aos sectores da hostalaría e o turismo’, destaca Arias Fernández. O deputado sinalou tamén que ‘as ribeiras do Miño son un circuíto difícil de igualar, pero o que fai tan atractiva esta proba é o gran traballo da organización dende fai moitos anos, conseguindo atraer a milleiros de persoas edición tras edición’.

Pon en valor Arias Fernández a boa inscrición conseguida ao longo dos anos, coa participación de pilotos como Estanislao Reverter (Lalao) ou Fermín Vélez. Tamén lembra o deputado provincial a memoria de Mercedes Arias Senra, directiva da escudaría Chantada, primeira presidenta da SD Chantada ‘e unha persoa comprometida co impulso do deporte nesta comarca’, que faleceu no mes de maio.

Arias dixo estar ‘convencido de que esta fin de semana viviremos aquí unha auténtica festa do deporte e do motor’ e invita á veciñanza e visitantes a ir a Chantada para ‘vivir esta Subida e desfrutar do espectáculo, da paisaxe e da gastronomía’.

A 48 edición da Subida a Chantada, unha proba que forma parte do Campionato de España de Montaña, transcorrerá pola estrada que conecta Monforte de Lemos e Belesar, entre a ponte vella do río Miño e a estrada de Chantada ao Saviñao. Durante os días da proba, a Deputación de Lugo autorizou o desvío do tráfico pola estrada LU-P-1811, que dá servizo ao embalse de Belesar.

A proba celébrase na carretera de Lalín á Gudiña, na carretera comarcal C-533, que vai entre a ponte vella e a confluencia coa carretera de Chantada a Monforte de Lemos. A saída terá lugar no punto quilométrico 2.000, a chegada no punto quilométrico 6.1000, percorrerase unha lonxitude de 4.100 metros e o tramo terá un desnivel duns 250 metros e unha pendiente media dun 7,5%.

Poderase consultar na páxina web dos organizadores www.escuderiachantada.com tanto o lista de inscritos, como facer un seguimento dos tempos de cada candidato en directo ou incluso botarlle unha ollada ao plano do percorrido que vén especificado con detalle.

Para interese dos asistentes, na páxina web atópase un listado de hoteis e aloxamentos no caso de querer facer noite en Chantada e tamén lugares de interese que visitar no municipio.